Na terra da auga, hai que pagala (Bula)

Fotografía de robles a la orilla del Río MiñoNA TERRA  DA  AUGA: (GALICIA) Onde a auga abonda por tódolos recunchos, polo visto temos que paga-la bula o mesmo que se pagaba por come-lo pouco touciño que nas casas do medio rural se gardaba para as ocasións especiais, sempre e cando os caciques de sempre, cregos e feudais, coa bula no peto do paisano, deran o veredicto para comer un lisco de carne da que estamos a falar; a día de hoxe, para rega-los lameiros, bañarte na túa casa coa traída que naceu de forma espontánea na cabeceira da horta.

Segundo rumores e feitos xa contrastados que sementou a “xunta” con ameazas de sancións astronómicas para intimidarnos e adestrarnos ós impostos, coa crise que temos enriba “os de sempre”, arranxan de forma brutal sen contemplacións o tema de xeito abusivo e de forma paulatina, cun imposto inxusto que mete medo (de maneira caciquil e feudalista, ou se cadra de xeito ditatorial). Á raíz deste pensamento e reflexións que arestora me saen da testa, pregúntome, como galego, se eu estou tolo, se subo, se baixo ou o que din disto: é un pesadelo. Non asume o meu miolo como o actual goberno de Galicia intenta asemellarse no capítulo de impostos a “zapatero”ou que “zapatero” fixo copia dos que hoxe nos agriden con este canon inxusto, facendo que tantos xubilados co peto cativo non poidan paga-la auga nin a enerxía para subila do pozo: cuestión que o Executivo galego tanto criticaba referíndose ó anterior goberno da comunidade.  Segundo din os labregos, seica os cambios en política non se fan para conseguir melloras que beneficien o populacho, polo menos nesta terra, á que os cidadáns por enriba non defenden a pesar de presumir de “vivir como galegos”. Isto dío a tele.

Fotografía del entorno de Muiño de PazPor outra banda, cómpre engadir que na terra da auga, petróleo branco de Galicia, as fontes, regos e ata as pingueiras que producen enerxía, para que tamén nola cobren polo alto cando é nosa, pretenden pórlle imposto a un grolo de auga, esquecendo ou querendo esquecer que o 22% da auga de España corre polos nosos regueiros, fontes e ríos, tamén nas mans estes de industrias privadas e foráneas, “farannos de novo volver ós candelos.”

Para rematar, pedímoslle ó novo goberno non faga uso da maioría para lles poñer ós galegos este imposto ridículo tendo en conta que na nosa comunidade, como vimos dicindo, a auga sobra. Non toleramos que se nos amedrente con sancións que nos fan poñe-la pel de galiña. Non máis asedio ó pobo chan e sinxelo, nin mais fracasos políticos.

This entry was posted in Reivindicación and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*


+ 4 = 7

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>