Iberdrola quere outro encoro no Sil

Esta mañan logo de abrir os ollos, e despois de botarlle unha ollada a un xornal, púxoseme un nudo na gorxa, que a punto estiven de afogar, o mesmo que se caese no encoro de Cartrelo de Miño. O letreiro que viron os meus ventañuchos de mirar as cousas, inda cheos de lagañas, deixoume aparvado como se me caera na testa unha farola desas que aínda se ven de cando en cando nas nosas rúas, enfurruxida, dende a punta ao chan. ¡Si, queridos amigos! O que vín e me fixo tanto dano, foi nin máis nin menos, que o mesmo encabezamento que está por enriba desta pouco desexada narración: Iberdrola outra vez, 8 anos no Sil…(río de ouro). Ninguén sería capaz de imaxinar que despois de faceren-nos, ao longo de unha ditadura infernal, e agora en democracia, cento-corenta encoros, máis ou menos….

O colonialismo imposto por estes insignes voitres; pasando por enriba de quen eiquí “goberna”, con ou sen consentimento, poñan de novo cancelas aos nosos ríos, trabando como vimos dicindo, o desenrolo da nosa riqueza piscícola, nunha boa parte do século XX. Pregúntome eu, cada vez, que esperto polas mañas, se nesta terra queda algún galego que loite pola súa mai terra. ¿Esquecémola todos, e tamén os que gobernan? É francamente intolerábel que deixemos que os nosos recursos emigren tamén, o mesmo que lles pasou os nosos pais e avós. ¡A nosa agarimosa Galicia está durmindo, é más polos que a gobernan a día de hoxe! (Colgade as ideoloxías no perchero e gobernade).

This entry was posted in Sin categoría. Bookmark the permalink.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*


7 + 4 =

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>