ventoeira

Encontrábame unha tarde, rodeado pola  tristeza,

esa morriña galega, que tanto, aos galegos pesa,

sobre todo cando estan alonxados da sua terra,

 

E  de repente formouse  unha  forte  ventoeira,

que me tírou co sombreiro, e destapoume a cbeza,

 

Collin outra vez o pucho, puxeno enrriba da testa

coidando que non voára algua das boas ideas, é a

collese un político para non facer uso dela.

 

E sen pensalo un anáco arrimadiño a unha queira,

escomencéi o relato desta xinxela maneira.

 

Vento que vas polo monte abanicando nas xestas,

que vas deixando os camiños cheos de folliñas secas,

falame algo de Galiza, tu que voas sobre dela,

dime algo dos seus ríos, falame tamen das pedras

que recorren meio mundo é fan casas e capelas.

 

Temos-che moitas mais cousas pro ninguen se

acorda delas; nin siquira os plíticos, que andan

en barcos de vela, e tomando o bo biño que temos

polas tabernas. Alguns foron a Mastrik aEstrasburgo

e Inglaerra; ali firmaron co dedo, pro cobraron boa minestra

que llo pregunten a dona que dormía na lareira e: dorme oxe nunha

cama de ballestas.

 

Se atopas un home bo…. amigo vento.. ay daquela

igual non lle vota naide,. a xenté sempre se queda,

comendo lacón con grelos, alguns tomando a sesta,

outros mirando para futbol, (que pena, vento que pena.)

 

Que o arránxen todo iles dicia a tia manuela, ó cura, que

é algo mais listo,” dixo;” xa o arreglan, mire para o alcalde do

povo, ten muller querida e terras, mais polo meio de elas,

non pasan as carreteras; tiraron unha casiña donde vivia

unha bella. inda que a pagaron ben ….á peseta por fanega.

 

Este diñeiro estafan a alguns como ó de Manuela, nos

din que se empregará nos camiños das aldeas, para

que os nosos labrgos non vayan as carreteras, pois cos

zocos e mai-los  tractores, seguro que as estropean,

e dise xeito amigos, non poden andar por elas os

camións ben cargadiños, de Francia Suiza e Inglaterra.

 

Traen leite, traen carne de a que eles non miran prela,

queren que prantemos toxos, queren que prantemos xestas,

daránnos mais de mil burros, pre así poder pacelas.

 

Que non nos trigan mais burros.dixo.a tia Manuela..Entre ó cura do povo,

o sacristán é a maiestra, podese quedar Galiza sen toxos

e mais sen xestas….Pois os burros pacen mais se teñen

muy grande a testa…

 

 

 

 

 

 

 

 

 

This entry was posted in Sin categoría. Bookmark the permalink.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*


2 + = 8

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>